Sunday 28 de April de 2024

O concello recibe unha subvención da Deputación da Coruña para pintar a Casa Consistorial e reparar a cuberta


O Concello de Riveira acaba de recibir unha subvención da Deputación da Coruña con miras á adecuación da cuberta e a fachada da Casa Consistorial.

O importe da axuda provincial ascende a 11.443,51 euros para emprender unha actuación valorada en 26.989,40 euros.

Conforme ao proxecto elaborado, a obra constará do pintado das distintas fachadas do consistorio e o arranxo da cuberta, cambiando as tellas en mal estado e eliminando a vexetación existente.